definición nun diccionario:
Definición do Dicionario Galego das TIC (digaTIC):
abandonware
Programa ou xogo difícil de conseguir debido a que xa non está nos catálogos, á súa antigüidade, a que o fabricante desapareceu ou a que xa non se atopa á venda.
Exemplo: O único xeito de conseguir este tipo de abandonware é empregar ferramentas P2P.
Información complementaria: Abandonware é un termo inglés composto por"abandoned" e "software", "programa abandonado".
Consideraremos conveniente, nesta circunstancia, buscar información tamén do(s) hiperónimo(s): software, programa, soporte lóxico, por exemplo. Neste caso, atoparemos información no dicionario da RAG, no volume Termos esenciais da arquitectura de ordenadores, Glosario de termos da internet (SLI), Vocabulario da informática (SLI).