Creacion terminoloxica neoloxia презентация

A creación terminolóxica. Neoloxía   Terminoloxía “As unidades que representan e transmiten o coñecemento especializado son as unidades terminolóxicas, obxecto de estudo prototípico da terminoloxía, porque é a unidade

Слайд 1A creación terminolóxica
Neoloxía


Слайд 2A creación terminolóxica. Neoloxía

 
Terminoloxía
“As unidades que representan e transmiten o

coñecemento especializado son as unidades terminolóxicas, obxecto de estudo prototípico da terminoloxía, porque é a unidade que expresa e comunica os temas especializados da forma máis concisa, precisa e eficiente. Non obstante, existen outras unidades que tamén transmiten o coñecemento especializado como elementos non lingüísticos (símbolos, fórmulas etc.) e outros elementos lingüísticos: unidades inferiores á palabra como prefixos e sufixos (cardio-, -ite) ou unidades superiores á palabra como fraseoloxía (transferir cartos). (Estopà 2003; tradución nosa).

Слайд 3A creación terminolóxica. Neoloxía

 
Terminoloxía

“As unidades terminolóxicas forman parte da linguaxe

natural e da gramática dunha lingua. Non son unidades que formen parte dun sistema léxico diferente, senón que son unidades léxicas que en determinados contextos activan un significado especializado” (Santamaría Pérez 2006: 15; tradución nosa).

Слайд 4A creación terminolóxica. Neoloxía

 
Terminoloxía

Termo: “como elemento dunha terminoloxía, é unha

unidade constituída por un concepto e a súa denominación”.
Concepto: “unidade do pensamiento que abranxe as características comúns asignadas aos obxectos” .
Denominación: “designación, formada por un mínimo dunha palabra, dun concepto na linguaxe especializada”.


Слайд 5A creación terminolóxica. Neoloxía

 

Os unidades terminolóxicas (termos específicos, tecnicismos)

son un elemento caracterizador das linguas de especialización.
Existen unidades simples (cáncer, timo) e complexas (resultantes da combinación de elementos).
Son fundamentais tanto no ámbito científico-técnico como no xurídico-administrativo.
No eido científico, prodúcese un forte proceso de creación neolóxica, indispensable para o avance da investigación e para a súa posterior divulgación.

Слайд 6 A creación terminolóxica. Neoloxía



Esta creación de novas formas lévase

a cabo por medio de tres procedementos:

a) creación dunha palabra ou expresión nova: neoloxía de forma; e
b) atribución dun sentido novo a unha palabra xa existente: neoloxía de sentido.
c) neoloxía sintáctica.

Ocuparémonos principalmente dos dous primeiros procedementos.
Ambos déronse e danse en diversas épocas e en calquera área de estudo ou dominio da ciencia.
Con todo, a neoloxía de forma soe darse en dominios científicos ben consolidados, mentres que a neoloxía de sentido se dá en etapas iniciais dunha disciplina ou en parcelas da ciencia pouco ou mal establecidas.

Слайд 7 A creación terminolóxica. Neoloxía



A neoloxía de forma consiste en crear

unha nova unidade léxica ou expresión terminolóxica, mediante a combinación de elementos xa existentes na lingua.

Basicamente, os procedementos de construción* son:









Ex.: perixeo (peri- + -xea, ‘terra’); bosón de Higgs, constante de Planck; oncornavirus (onco-RNA-virus).
* Cómpre ter en conta tamén o procedemento de redución: siglas, acrónimos e abreviaturas (ver apuntamentos en fotocopia).

Слайд 8 A creación terminolóxica. Neoloxía



Poden producirse as máis diversas combinacións

de procedementos:

Ex. Siglas combinadas con formantes ou con palabras.

-ribosomas (gránulos celulares): RIB + soma (corpo) [Research Institute Rockefeller]
-picornavirus: pico (pequeno) + RNA + virus

Ex. L. Galvani: galvanizar, galvanismo, galvanómetro, galvanoplastia, galvanostexia, galvanotecnia


Слайд 9 A creación terminolóxica. Neoloxía



Os epónimos elabóranse, por distintos procedementos,

a partir de nomes. Ex. Neanthertalense, teoría hipocrática, teoría malthusiana, alucinación gulliveriana; síndrome de Dióxenes, teorema de Pitágoras, constante de Planck.

Poden cruzarse logo, nun segundo nivel de elaboración, cos procedementos de composición e derivación.

Ex.
- síndrome de Cushing: pseudo-cushing, para-cushing, síndrome cushingoide;
- ganglio de Gasser: gasserectomía (extirpación) [tomía];
- glándulas de Cowper: pericowperite (inflamación do tecido conxuntivo que rodea esas glándulas) [peri-cowper-ite].

Слайд 10 A creación terminolóxica. Neoloxía




 Poden combinarse procedementos: peri- + -cardio

– periocardiotomía (+tomía)

Pode haber cambios: eliminación ou engadido de vogais, modificación de consoantes, cambios de acentuación. Ex. pericardio + alxia = pericardialxia.
Poden darse distintos alomorfes dun prefixo in-/im-/i-: inapetente, imputrescible, ilexible.
Aínda que por principio a característica fundamental dos termos é a precisión e a univocidade, pode darse certa laxitude nocional ou sinominia (por proviren de distintas raíces ou por outros motivos).

Слайд 11 A creación terminolóxica. Neoloxía



 a) Prefixación

Máis empregado no ámbito de

especialización científico que noutros.
Mediante os prefixos, modifícanse ou matízanse os significados das diferentes raíces. Deste xeito, grazas á combinación dun número relativamente pequeno de prefixos cun bo número de raíces obtéñense un elevado número de termos.
Exemplos: a/an, extra-, de-, endo-, epi-, exo-, meta-; hemi-, mono-, mega-, xeno-.
Danse fenómenos de sinonimia e polisemia. 
peri- e circun-
ultra-

Слайд 12 A creación terminolóxica. Neoloxía



 b) Sufixación

Úsanse

-os mesmos sufixos que na

linguaxe común: -axe, -ade, -ismo, -ista, -al, -ario, -ano e sobre todo –ción: instilación, dixitalización, oxidación etc.
-outros específicos: –íase, ite, -ose, -uro, -ato, -aceo (grupo), -escencia. Tamén: -ificar, -ar.


Слайд 13 A creación terminolóxica. Neoloxía



 c) Composición

Consiste na unión de raíces

ou bases léxicas. Trátase de elementos que, en teoría, poden funcionar de maneira individual:

-gastro, proto-, oligo-, orto-, paleo-, pan-, hema-/hemo-/hemato-, helio-, topo-, hepato-.
-sauro, -tomía, -filia, -faxia, -fero, -orexia, -ptero, -metria, -tecnia, -grama, -rraxia, -lito (electrólito, nefrólito), -nomía, -loxía.
-tamén se poden dar fenómenos de sinonimia e polisemia: -patía (sentimento) e –patía (doenza, enfermidade).

Слайд 14 A creación terminolóxica. Neoloxía



 d) Complexización

Consiste na combinación sintáctica de

varias palabras para formar unha expresión.

-xustaposición: tolerancia inmunolóxica, onda electromagnética, esclerose lateral amiotrófica, accidente isquémico transitorio.
-coordinación: constante de equilibrio, sistema de referencia cartesiano, cromatografía de intercambio iónico, lonxitude de onda, síndrome de acumulación compulsiva.




Слайд 15 Exercicios



Ligazón á Táboa panlatina de formantes cultos: http://www.iula.upf.edu/rec/cpt/formants/tf_i.htm
 
1. Busca

na Táboa panlatina os termos portugueses e españois que derivan das seguintes palabras gregas:
Karpós
kekis-kekidos
gonia
hypso
myrmex, myrmekos
pleion
pachys
ektos
parthenos
adelphós

Слайд 16 Exercicios




2. Busca información sobre os seguintes termos na Táboa

panlatina:
Estesioloxía
Ostracodermes
Tonometría
Teleoloxía
Zimoxenia
Batimetría
Quetópodos
Quelonídeos
Culiciforme
Dinosauro
Eólito

Слайд 17 A creación terminolóxica. Neoloxía



 Neoloxía de sentido

Consiste en dotar

dun novo significado a unha palabra xa existente. Pode crearse por medio de dous procedementos:
-mediante a incorporación dunha nova acepción a unha palabra da lingua xeral (terminoloxización): silencio [documental], rato (informática);
-mediante o trasvase dun termo específico dun ámbito de especialidade a outro ámbito, tomando como base unha analoxía: cortocircuíto neuronal, ecoloxía lingüística, código [proveniente do Dereito] xenético, mapa cromosómico, información/mensaxe xenética, biblioteca xenética, cooperación celular, población linfocitaria.
[Perspectiva histórica (metáforas etimolóxicas): isósceles / escaleno (triángulos)]

Слайд 18 A creación terminolóxica. Neoloxía



 
Neoloxía sintáctica

Consiste nun cambio, ben de

categoría gramatical ben de función, dun elemento.

Non é un procedemento demasiado frecuente.

Ex.: Adxectivos que pasan a funcionar como substantivos: (medicamento) analxésico, (substancia) anticoagulante, (investigador/a) científico/a, sintáctica; un alzheimer (un caso de enfermidade de Alzheimer).

Слайд 19 A creación terminolóxica. Neoloxía



 Neoloxía de préstamo

Ademais de todos os

termos provenientes dos procedementos de formación que acabamos de repasar, prodúcese tamén a incorporación de tecnicismos procedentes doutras linguas (inicialmente estranxeirismos): préstamos lingüísticos.
Nesta conxuntura, ábrense dúas opcións:
a) incorporar os termos estranxeiros: software [soporte lóxico], email
b) adaptalos ou substituílos por termos de creación propia.
Ex.: alternating current (corrente alterna), birth control (control da natalidade), power plant (grupo electróxeno), missing link (elo perdido).
Nas linguas de orixe, o termo puido xerarse por medio da neoloxía de forma (ver exemplos anteriores) ou ben da neoloxía de sentido (mouse, ‘rato’, na linguaxe informática).

Слайд 20 Exercicio



3. Analiza os procesos de formación dos termos que

aparecen no fragmento seguinte. Indíquese se son abreviacións, epónimos, siglas, neoloxías de forma por prefixación, sufixación, lexías complexas, neoloxías de sentido etc.:
“Na esclerose múltiple (EM) aparece ataxia cerebelosa con debilidade e espasticidade dos membros, que reflicte a alteración das vías cerebelosas e córticoespiñais. A ataxia cerebelosa recoñécese pola linguaxe salmodiada, tremores e vacilacións e incoordinación dos movementos voluntarios. (...) A perda da eumetría, a euerxia e a eutaxia maniféstanse en actitudes anómalas da estática e o equilibrio. Non obstante, a proba de Romberg é negativa, pois non melloran os signos coa axuda da visión. A hipotonía demóstrase clinicamente pola proba de Stewart-Holmes. (...) Observouse que o paracetamol inhibe a hiperalxesia inducida pola administración de substancia P, o que suxire que os seus efectos poden deberse á modulación da transmisión nociceptiva nas vías espiñais e supraespiñais. Demostrouse que pode inhibir tamén a hiperalxesia inducida por agonistas do receptor NMDA do glutamato. Ademais, este efecto reverte selectivamente tras a administración de L-arxinina. Algúns estudos demostraron que a lesión das vías serotoninérgicas con 5,6-Ohtriptamina reduce o efecto analxésico do paracetamol; tamén que a administración de tropisetrón, un antagonista dos receptores 5-HT3, inhibe completamente os efectos do paracetamol. A posibilidade de que estes efectos sobre o SNC sexan consecuencia da inhibición da síntese de elcosanoides non pode descartarse, xa que estes poden aumentar a liberación de aa’ excitadores e de CGRP.”

Обратная связь

Если не удалось найти и скачать презентацию, Вы можете заказать его на нашем сайте. Мы постараемся найти нужный Вам материал и отправим по электронной почте. Не стесняйтесь обращаться к нам, если у вас возникли вопросы или пожелания:

Email: Нажмите что бы посмотреть 

Что такое ThePresentation.ru?

Это сайт презентаций, докладов, проектов, шаблонов в формате PowerPoint. Мы помогаем школьникам, студентам, учителям, преподавателям хранить и обмениваться учебными материалами с другими пользователями.


Для правообладателей

Яндекс.Метрика