Metodoloxía para o traballo sobre neoloxía презентация

Слайд 1Metodoloxía para o traballo sobre neoloxía

Xusto A. Rodríguez Río. Metodoloxía do

traballo terminográfico puntual en língua galega. (Ver pdf en Faitic)

Слайд 2Obxectivo


Enunciar propostas de adaptación de estranxeirismos
no ámbito das

linguas de especialización.






Слайд 3 Estrutura

Para cada un dos termos propostos, deberase levar a

cabo un traballo en catro fases. A presentación ou exposición do traballo deberá axustarse ao seguinte esquema:

[0. Establecemento do concepto]

Documentación
1.1. Documentación en dicionarios e fontes terminográficas
1.2. Documentación en corpus
1.3. Documentación internacional

2. Avaliación da calidade

3. Proposta










Слайд 4 Estrutura


Fase previa: Establecemento do concepto e adscrición a un

ámbito de especialidade

Termcat: http://termcat.cat/ (Neoloteca)

[Cómpre darse de alta]










Слайд 5 Estrutura

Documentación
1.1. Documentación en dicionarios e fontes terminográficas

Dicionarios de carácter

xeral: RAG, Digalego (formato electrónico), dicionarios impresos (formato libro).
Dicionarios específicos, fontes terminográficas: procurar nos ámbitos de especialidade que correspondan en cada caso.
-Ver as seguintes ligazóns:
a) http://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/biblio-term.html
b) http://sli.uvigo.es/recursos.html [Glosarios]
-Dicionario galego das TIC (DigaTIC (http://www.digatic.org/)
Sobre todo no caso de non aparecer en dicionarios galegos, debemos procurar nos dicionarios das linguas románicas da nosa contorna: Diccionario RAE, Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (priberam.pt), Diccionari de la Llengua Catalana (Institut d’Estudis Catalans).










Слайд 6 Exemplo

Abandonware
1.1. Documentación en dicionarios e fontes terminográficas

Só se encontra

definición nun diccionario:

Definición do Dicionario Galego das TIC (digaTIC):
abandonware
Programa ou xogo difícil de conseguir debido a que xa non está nos catálogos, á súa antigüidade, a que o fabricante desapareceu ou a que xa non se atopa á venda.
Exemplo: O único xeito de conseguir este tipo de abandonware é empregar ferramentas P2P.
Información complementaria: Abandonware é un termo inglés composto por"abandoned" e "software", "programa abandonado".

Consideraremos conveniente, nesta circunstancia, buscar información tamén do(s) hiperónimo(s): software, programa, soporte lóxico, por exemplo. Neste caso, atoparemos información no dicionario da RAG, no volume Termos esenciais da arquitectura de ordenadores, Glosario de termos da internet (SLI), Vocabulario da informática (SLI).










Слайд 7 Estrutura

Documentación

1.2. Documentación en corpus
En todos os casos, seguiremos a

mesma mecánica de traballo que se indicou no caso dos dicionarios e fontes. Buscamos a forma en cuestión e, de non aparecer, procuraremos os hiperónimos ou formas próximas conceptualmente, ao noso parecer.
Tamén en todos os casos, cómpre indicar se se atopa documentación en corpus das posibles denominacións ou se non é así. De habela, débese indicar o número de exemplos atopados e incluír unha mostra deles (se son moitos) ou incluílos todos (de ser menos de 10).
-Corpus Técnico do Galego (SLI, UVigo)
-CORGA (CIRP) [Hai que darse de alta]










Слайд 8 Estrutura

Documentación

1.3. Documentación internacional: Cómpre reproducir no traballo a información

localizada.

-Corpus IATE (Europa): http://iate.europa.eu/SearchByQueryEdit.do

-Termcat

-Buscatermos: [introduciremos o termo en cuestión ou as formas posibles]











Слайд 9 Estrutura

2. Avaliación da calidade

Unha vez revisada a

documentación obtida, escolleremos como posibles denominacións para o galego aquelas (dúas, tres, catro) opcións que nos parezan, nun primeiro momento, adecuadas. Indicaremos cales son estas formas e empregaremos a letra cursiva para representalas.
Para cada unha delas, valoraremos a súa idoneidade empregando dous tipos de criterios:
2.1. Criterios da vertente intrínseca
2.2. Criterios da vertente extrínseca










Слайд 10 Estrutura

2. Avaliación da calidade

2.1. Criterios da vertente

intrínseca

Hai que responder a estas preguntas:
Está avalada pola autoridade normativa? [Real Academia Galega, outros dicionarios ou glosarios con aval de universidades ou institucións].
Axústase ás pautas morfolóxicas e sintácticas do galego?
Respecta as pautas ortográficas e ortofónicas do galego?
Grao de precisión: [Alto / Medio / Baixo].
É un préstamo (superfluo)?
Coincide coas denominacións empregadas nas linguas da nosa contorna?










Слайд 11 Estrutura

2. Avaliación da calidade

2.2. Criterios da vertente extrínseca
Hai que

responder a estas preguntas:
Cal é o seu grao de uso real: [Encontramos exemplos en corpus: si /non. Si: cales, onde etc. Non: buscar hiperónimos ou termos que se poidan corresponder ao concepto que nos ocupa.]
Cal é o grao de difusión e antigüidade da fonte lexicográfica ou terminográfica en que se recolle o termo: [Recóllese en [...] / Non se recolle en ningunha fonte].
Adecuación do termo ao nivel de lingua (variedade estándar e rexistro formal): [vulgar / coloquial / formal / profesional ou especializada].
É unha denominación concisa? [Si / Non]
Hai unha relación visible entre a denominación e o concepto? [Si / Non]
A denominación é cacofónica ou ten asociacións connotativas inadecuadas? [Si / Non]
Mantén os valores connotativos do termo que se pretende substituír?: [Si /Non /
criterio non pertinente].










Слайд 12 Estrutura

3. Proposta

Unha vez avaliadas todas as posibles denominacións, consideramos

que a(s) opción(s) aceptable(s) para o galego é (/son): [indicar ar formas].
Cómpre argumentar e expor razoadamente os motivos nos que se fundamenta a nosa decisión.










Слайд 13 Exemplo

3. Proposta [Abandoware]

Tras realizar a avaliación de calidade das

catro opcións posibles, consideramos que a mellor solución para o galego é soporte lóxico abandonado.
A pesar de que software pareza estar moi implantado no uso, o feito de que soporte lóxico estea avalado pola autoridade normativa e se indique explicitamente que se prefire no canto de software lévanos a desbotar a solución software abandonado. A denominación programa abandonado semella unha boa solución para evitar o préstamo, pero pode non ser o suficientemente precisa ou non ser a máis adecuada ó ámbito profesional.
Así pois, propoñemos como denominación máis axeitada soporte lóxico abandonado. Porén, debemos ter en conta que se trata dunha forma non demasiado concisa, polo que cremos que tamén é conveniente considerar a posibilidade de empregar, como sinónimo alternativo máis breve, abandonware. Esta última opción, dado que constitúe un préstamo, non cumpre algúns dos criterios da vertente intrínseca, pero pensamos que, postos a elixir unha denominación doutra lingua, preferimos, pola súa concisión, abandonware e non software abandonado.










Обратная связь

Если не удалось найти и скачать презентацию, Вы можете заказать его на нашем сайте. Мы постараемся найти нужный Вам материал и отправим по электронной почте. Не стесняйтесь обращаться к нам, если у вас возникли вопросы или пожелания:

Email: Нажмите что бы посмотреть 

Что такое ThePresentation.ru?

Это сайт презентаций, докладов, проектов, шаблонов в формате PowerPoint. Мы помогаем школьникам, студентам, учителям, преподавателям хранить и обмениваться учебными материалами с другими пользователями.


Для правообладателей

Яндекс.Метрика